Programa de bolsas ICEX de Internacionalización Empresarial 2019

10 de abril de 2017

ICEX

ICEX España Exportación e Investimentos (en diante ICEX), convoca as Bolsas de Internacionalización Empresarial 2019, cuxo obxectivo é a formación de mozas e mozos profesionais especializados en internacionalización empresarial.

O programa responde as necesidades que os axentes económicos puxeron de manifesto no seu proceso de expansión internacional.

Ofrece aos candidatos/as unha formación teórica sólida, a través dun Máster Universitario en Xestión Internacional da Empresa (MBA in International Management), como parte do proceso de selección, e compleméntaa cunha formación práctica obtida a través da Rede de Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España no estranxeiro (en diante, OFECOMES), e das prácticas en empresas e institucións.

Ofrece, ademais, formación adicional en varios idiomas e actividades formativas para que estes mozos e mozas profesionais sexan capaces de proporcionar un mellor servizo ao proceso de internacionalización empresarial español.

Prazo de inscrición: do 17 de abril ao 17 de maio de 2017.

Mais información na páxina web do ICEX.

Documentos:

icono_pdfPresentación nova convocatoria

icono_pdfPrograma bolsas 2019

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal