HP incorporará a recentemente titulados/as de toda Europa a través de HP Academy 2017

10 de abril de 2017

HP

HP e a Fundación Universidade-Empresa lanzan este programa que ofrece un contrato laboral de dous anos en HP a universitarios/as que obtivesen recentemente o título, e formación nunha contorna internacional.

Búscanse persoas que acadaran recentemente a titulación universitaria con bo expediente académico nas áreas de Investigación e Desenvolvemento e Negocios.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través da web de HP Academy 2017 ata o próximo 30 de maio.

Máis información neste enlace .

Documentos:

icono_pdfHP Academy 2017

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal