CONTRATACIÓN E FORMACIÖN DE PERSOAL TÉCNICO OU DE XESTIÓN DE I+D+i na USC mediante o Programa para a promoción do emprego xuvenil

4 de agosto de 2015

 O programa de Emprego xuvenil ten por obxecto a contratación e formación de persoal técnico ou de Xestión de I+D, por un período de dous anos, que cumpra os seguintes requisitos:
− Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións, segundo o posto financiado:
− Titulacións universitarias: licenciado, enxeñeiro, Arquitecto, Graduado, Diplomado, Enxeñeiro técnico ou Arquitecto Técnico.
− Titulacións no marco da formación profesional do sistema: Técnico ou Técnico Superior
− ESTAR INSCRITO NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL (SNGX). A información relativa a este rexistro, aos requisitos e aos trámites a realizar para inscribirse pódense atopar no seguinte enlace: http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html

A USC promoverá a contratación de titulados/as universitarios/as ou técnicos/as superiores enmarcados nas liñas de actuación concedidas nalgún dos seguintes perfís:
− Liña de Actuación Dinamizando a transferencia de resultados de I+D+i.
− Liña de Actuación Formando aos promotores de I+D+i de 2020.
− Liña de Actuación Universidade: Comunicando a I+D+i
− Liña de Actuación Modelos preclínicos innovadores do Centro de Investigación en Biomedicina Experimental da USC (CEBEGA).
− Liña de Actuación “Química Ambiental Mariña ”.

 

Consulta as bases da convocatoria.

Documentos:

icono_pdfDocumento PDF

Enlaces:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal