Pont Up Store 2015 Espazo para emprendedores - 25 e 26 de setembro - Pontevedra

23 de xullo de 2015

 O PONT-UP STORE é unha iniciativa de apoio a NOVOS EMPRENDEDORES, aberta a toda a cidadanía, e que centra os seus esforzos no incremento da CULTURA EMPRENDEDORA na sociedade. A cita será os días 25-26 setembro de 2015 na cidade de Pontevedra.

No marco da celebración do 25 aniversario da Universidade de Vigo e o impulso do Campus Crea este encontro é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento para o desenvolvemento persoal e da sociedade en xeral.

Tralo éxito da pasada edición, o PONT-UP STORE 2015 quere consolidarse como ESPAZO DE REFERENCIA DO NOVO EMPRENDEMENTO en Galicia.

Podes escoller entre 3 MODALIDADES de participación e combinalas como queiras:
1. DISPOÑER DUN STAND DE XEITO GRATUÍTO durante os dous días para dar a coñecer o teu proxecto.
2. PROPOÑER AS TÚAS PROPIAS ACTIVIDADES que se incluirán dentro do programa do evento.
3. PARTICIPAR NO APARTADO "10 MINUTOS DE GLORIA" presenta o teu proxecto en formato 'flash’: 10 minutos + 10 imaxes.

Máis información:

http://pontupstore.com

Documentos:

Documento PDF

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal