PRÁCTICAS REMUNERADAS NO PARLAMENTO EUROPEO.

21 de marzo de 2017

Aberta a convocatoria das bolsas Robert Schuman, dirixidas a tituladas/os universitarias/os.

As prácticas teñen por obxecto permitirlles completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.

A duración destes períodos de prácticas é de cinco meses e poden realizarse nas dúas sedes do Parlamento Europeo (Estrasburgo e Bruxelas), ou nas oficinas de información nacionais (en España o Parlamento Europeo conta con representacións en Madrid e Barcelona).

Prazo de inscrición: ata o 15 de maio.

Máis información neste enlace.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal