Prácticas profesionais en Centros Tecnolóxicos do Campus do Mar para estudantes de máster

20 de marzo de 2017

  • Período das prácticas e duración: Máximo 3 meses a xornada completa (40 horas semanais) ou de 6 meses a media xornada (20 horas semanais). As bolsas poderán disfrutarse ata o 31/08/2017.
  • Importe da bolsa: 600 € mensuais no caso de xornada completa e 300 € mensuais en caso de media xornada e estarán suxeitos á retención por IRPF e as obligacións de cotización á seguridade social que estableza a normativa vixente nestas materias.
  • Nº total de bolsas ofertadas: 29
  • Requisitos de participación: Estar matriculado no curso 2016-2017 en estudos oficiais de máster nalguna das universidades do SUG.
  • Avaliación e selección: Será efectuada en función da nota media do expediente académico do solicitante ponderada pola nota media da titulación.
  • Solicitudes: Deberán presentarse por correo postal ou ser entregadas na Fundación Universidade de Vigo.

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30/03/2017.

  1. - Certificación académica detallada dos estudos que deron acceso aos estudos de máster (orixinal e fotocopia compulsada)
  2. - Nota media da titulación no centro no que o estudante cursou ditos estudos (xustificado mediante escrito do responsable da área académica do centro onde se imparte dita titulación).
  3. - Xustificante de matrícula nos estudos de máster no curso 2016-2017.
  4. - Código da bolsa ou bolsas ás que se presenta.

Máis información: Convocatoria prácticas profesionais en Centros Tecnolóxicos do Campus do Mar para estudantes de máster

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal