CONVOCATORIA DE 200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA A DEPUTACIÓN E OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017

14 de marzo de 2017

Obxecto:

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo  cos  principios  de  obxectividade  e  publicidade,  200  bolsas  de  práctica  laboral,  destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos  de  grao  superior  de  formación  profesional,  segundo  os  casos,  sen  experiencia  laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a  súa  formación  en  áreas  de  coñecemento  ou  actividades  que  poidan  facilitar  a  súa  futura  incorporación ao mercado laboral.

As bolsas terán unha duración de 6 meses, e poderán prorrogarse por outros 6 meses. A dotación económica será de oitocentos (800,00) euros ao mes para as persoas con titulación universitaria.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de abril de 2017.

 

Documentos:

icono_pdfBases da convocatoria

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal