Huawei, 10 prazas para recén titulados/as en Enxeñaría de Telecomunicacións

10 de marzo de 2017

Acaba de abrirse o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa Breakthrough to ICT Engineering, a través do que se incorporarán en HUAWEY cun contrato indefinido os dez mellores perfís de Telecomunicacións que participen nesta convocatoria.

As persoas interesadas deben ser estudantes que rematen a carreira de Enxeñaría de Telecomunicacións en xuño ou que a remataran o pasado verán. Ademais, no debe ter máis dun ano e medio de experiencia previa noutra empresa.

Para optar a unha das prazas é necesario enviar o CV ao correo electrónico huawei@fue.es.

Documentos:

icono_pdfHuawei, prazas Enxeñaría de Telecomunicacións

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal