PROGRAMA DE BOLSAS DE PRÁCTICAS “FUNDACIÓN ONCE-CRUE” PARA UNIVERSITARIOS/AS CON DISCAPACIDADE

13 de decembro de 2016

Requisitos de participación:

-Ter unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.

-Estudantes da Universidade de Vigo de titulacións oficiais de GRAO e MASTER.

-Ter superados o 50% dos créditos totais do plan de estudos (no caso de máster non se terá en conta esta condición). Priorizaranse estudantes de último curso de grao ou máster.

-Non manter relación contractual de tipo laboral, de prestación de servizos ou asimilable con empresa, institución ou entidade algunha no momento de desenvolvemento das prácticas.

Duración: 3 meses

Horario: 25 horas semanais

Dotación: 1.694,28 euros brutos para 3 meses

Período de realización: Entre o 1 de febreiro de 2017 e o 31 de outubro de 2017

Prazo de inscrición: Do 30 de novembro de 2016 ata o 31 de decembro de 2016

Lugar de inscrición:

1- Portal Web do Programa de prácticas académicas externas F.ONCE-CRUE: http://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasPracticasOnceCrue.aspx e subir á plataforma CV, carta de motivación e certificado de discapacidade.

2- O estudante deberá remitir un email a practicas@fundacionuvigo.es coa seguinte documentación: Currículo Vitae, Expediente académico que terá que conter a media do expediente en base 10, xustificante de matrícula e horario lectivo (horario de asistencia a clase).

Documentos:

icono_pdfCONVOCATORIA PROGRAMA DE BOLSAS DE PRÁCTICAS “FUNDACIÓN ONCE-CRUE” PARA UNIVERSITARIOS CON DISCAPACIDADE

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal