Programa Fundación SEPI "DECIDE TRANSFORMAR Becas Telefónica 2016"

2 de xaneiro de 2017

Este programa ten como finalidade facilitar a mozos e mozas con titulación universitaria períodos de formación práctica como bolseiros e bolseiras en centros de traballo de TELEFÓNICA.

REQUISITOS DAS CANDIDATURAS

- Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1986.
- Nivel alto de inglés.
- Fixar a residencia no lugar onde lle sexa adxudicada a bolsa.
- Non ser beneficiario/a, na actualidade, dunha bolsa da FUNDACIÓN SEPI, a excepción das bolsas pertencentes aos programas Talentum Startups.
- Titulacións solicitadas: consultar aquí.


CARACTERÍSTICAS DAS BOLSAS

Duración inicial: 6 meses
Dotación. 1.000€/mensuais brutos

 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Exclusivamente, cumprimentando o formulario establecido ao efecto na páxina web da Fundación SEPI.

Prazo: Ata o 22 de xaneiro de 2017.

 

MÁIS INFORMACIÓN: consulta as bases da convocatoria.

Documentos:

icono_pdfBASES DA CONVOCATORIA

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal