V EDICIÓN DE JUMPING TALENT PARA CAPTAR TALENTO UNIVERSITARIO

13 de decembro de 2016

O maior evento de emprego xuvenil, volta a realizarse este ano, e celebrará a súa V edición en busca das mellores candidaturas para traballar en diversas empresas: Banco Santander, EY, HILTI, INDRA, J&J Family of Companies, KPMG, Leroy Merlin, LG, Mediaset España, Saint Gobain, Veralia y Vodafone.

Jumping Talent, que conta co respaldo do Banco Santander a través de Universia e da Fundación Universia, pretende acercar o mercado laboral aos mozos e mozas mediante unha xornada na que os/as universitarios/as seleccionados/As terán a oportunidade de presentar ás compañías participantes as súas mellores habilidades trasversais, tales como traballo en equipo, capacidade de improvisación e axilidade mental.

Se crees que podes ser un/ha dos 96 mellores candidatos/as de toda España (ou crees que podes superar o proceso de selección e ser un/ha dos 350 CVs que se enviarán a estas empresas), inscríbete e, si cumpres os requisitos, chamarante.!

Qué requisitos debes cumprir?

- Ter un bo expediente académico
- Ter un bo nivel de inglés (si ademais coñeces outros idiomas, valorarase un montón)
- Ter algunha experiencia internacional (académica ou profesional)
- Ter ganas e ilusión para mostrarte fronte ás empresas dunha forma diferente.

Data e lugar de celebración: 30 de marzo de 2017 na Universidade Europea de Madrid.

As persoas interesadas poden consultar as condicións da convocatoria e cubrir o formulario de inscrición na web.

Enlaces:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal