PROGRAMA FUNDACIÓN SEPI – CONSORCIO DE COMPENSACIÓN DE SEGUROS 2016/2017, 2º proceso

13 de decembro de 2016

Este programa ten como finalidade facilitar a mozos e mozas con título universitario períodos de formación práctica como bolseiros e bolseiras, en centros de traballo do Consorcio.

A bolsa terá unha duración de 12 meses. A súa dotación será de 885 €/mensuais.

A incorporación dos bolseiros e bolseiras está prevista para o 1 de febreiro de 2017, e o período formativo poderá desenvolverse en Madrid, Málaga o Sevilla.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de decembro de 2016. As persoas interesadas poden consultar as condicións da convocatoria e cubrir o formulario de inscrición na web.

Enlaces:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal