A FUNDACIÓN IBERDROLA CONVOCA BOLSAS PARA ESTUDOS DE POSGRAO EN EE.UU.

13 de decembro de 2016

Dentro do Programa Internacional de Bolsas de Iberdrola, que persigue a preparación dunha nova xeración de profesionais coas máximas capacidades, a empresa ofrece bolsas de mestrado en enerxía e medio ambiente a licenciados/as ou egresados/as de nacionalidade española ou estadounidense.

No caso do alumnado con nacionalidade española, Iberdrola asumirá o custe total da matrícula e unha dotación anual de 24.000 € para transporte e aloxamento. Tamén sufragará un seguro de enfermidade e accidentes e unha bolsa de viaxe de 1.500 €.

Os estudios poderán realizarse no Rochester Institute of Technology, a Universidade de Binghamton, a Universidade Cornell, a Universidade Estatal de Oregón, a Universidade de Connecticut, a Universidade de Rochester ou na Universidade de Maine durante o curso 2017/2018.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de febreiro de 2017. As persoas interesadas poden consultar as condicións da convocatoria e cubrir o formulario de inscrición on-line na web.

Enlaces:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal