FINDE.U - FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO

17- 18 outubro 2017 (Porto) / 24 - 25 outubro 2017 (Vigo)

Tras o éxito dos eventos virtuais e presenciais da I Finde.U que se desenvolveu ao longo do ano 2016, na que participaron máis de 200 empresas e puntos de información de toda Europa e promoveron conxuntamente a xestión de máis de 15.000 candidaturas a ofertas de emprego, as Universidades de Oporto, Vigo y Tras-Os-Montes e Alto Douro organizan conxuntamente por segunda vez a Finde.U - Feira Internacional do Emprego Universitario que terá lugar en:

  • OPORTO  - 17 e 18 de outubro de 2017
  • VIGO  - 24 e 25 de outubro de 2017

 

Coa organización deste evento presencial conxunto, as tres universidades darán a oportunidade durante catro días a estudantes e persoas tituladas de todas as áreas de coñecemento de manter contacto directo con organizacións e empresas que demandan talento universitario. Os estudantes e titulados/as que visiten a Finde.U poderán disfrutar de:

  • Ofertas de emprego para persoas con titulación universitaria.
  • Ofertas de prácticas, becas ou traballos ocasionáis para estudantes universitarios.
  • Procesos de selección a medio e longo prazo.
  • A realización de entrevistas aos candidatos seleccionados.
  • Sesións informativas e talleres.

BannerGAL_974x240

 

 

 

 

 

A organización deste evento abrirá a estudantes e persoas tituladas das tres universidades, aproximadamente 170.000 profesionáis titulados da euro-rexión Galicia / Norte de Portugal, unha porta ao seu futuro e á súa promoción profesional.

A participación estará aberta tamén a estudantes e persoas tituladas de calquera institución universitaria.

 

SISTEMA DIXITAL DE TRANSMISIÓN DE C.V.

beamian margen

O sistema BEAMIAN Digital You será o utilizado en ambos eventos para a transmisión de CV de posibles candidatos e candidatas nos procesos de selección. Este sistema facilita a transmisión automática dos datos persoais e os currículos das candidaturas pasando simplemente a súa tarxeta de acceso polo lector dixital de cada stand, sen ter que recorrer ao tradicional modelo en papel, aforrando colas e esperas, e simplificando notablemente o proceso de entrega de CVs.

Este sistema permitirá que os visitantes ao finalizar o evento reciban a información sobre as empresas que visitaron e aquelas nas que deixaron o seu CV.

 

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal