INCUVI - Emprende 2018

incuviE

OBXECTO

O obxecto da 7ª Convocatoria dos Premios INCUVI-Emprende da Universidade de Vigo é o fomento do espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas a través un concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus un programa de preincubación dun ano de duración.


PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán presentar as súas ideas a concurso:

  1. Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de grao, mestrado ou doutoramento.
  2. Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2014/2015 ou posteriores.

Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

 

PROXECTOS

Poderá presentarse a concurso calquera iniciativa que desenvolva un proxecto de emprendemento nalgunha das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo:

  • Artes e humanidades
  • Ciencias
  • Ciencias da saúde
  • Ciencias sociais e xurídicas
  • Enxeñaría e arquitectura

Estes proxectos deberán ser orixinais e a súa autoría deberá corresponder á persoa ou persoas que os presentan. En todo caso, coa presentación dos seus proxectos, as persoas que os promoven asumen todas as responsabilidades en relación a súa autoría.

 

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 19 de xaneiro de 2018.

Prazo ampliado até 31 DE XANEIRO DE 2018

 

PREMIOS

O número máximo de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:

  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos

O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente.

 

SELECCIÓN


A selección dos proxectos gañadores producirase en tres fases:


1) Entrevista persoal. A finalidade é determinar o grao de implicación, a viabilidade da idea, así como a adecuación do proxecto á finalidade do programa.

2) Obradoiro de ideas. Os proxectos que superen a fase anterior realizarán un obradoiro presencial teórico-práctico de 4 horas de duración orientado ao desenvolvemento do modelo de negocio das ideas presentadas.

3) Pitch ante comisión de selección. Cada proxecto finalista disporá de 3 minutos para presentar ante comisión as liñas básicas dos seus proxectos empresariais así como o resultado do traballo desenvolvido no obradoiro de ideas.
 

 

DOCUMENTACIÓN

Tras cubrir o furmulario de inscrición, os proxectos deben enviar un correo electrónico ao enderezo areaemprego@uvigo.es co asunto INCUVI – “NOME DO PROXECTO” achegando a seguinte documentación:

  1. Copia do DNI de todas as persoas solicitantes
  2. Curriculum Vitae de todas as persoas solicitantes.
  3. Carta de interese en que xustifiquen a súa motivación para participar nesta edición, así como as súas expectativas no caso de resultar gañadores ou gañadoras.

Opcionalmente, poderase completar esta documentación con:

  • Un resumo executivo do proxecto en formato .pdf cunha extensión máxima de 6 páxinas no que se inclúan textos, gráficos ou imaxes que permitan obter unha visión máis completa do proxecto.
  • Logotipo do proxecto en formato jpg.

 

Rectoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidad | Mapa web | Aviso Legal